1. Un mundo limpo
Había unha vez nunha aldea moi sucia, moi sucia un neno chamado Xoán. Este neno tiña tres
anos e gustábanlle moito os seus bonecos pero tiña un problema, os xoguetes de Xoán
estaban sucios .
Xoán sempre miraba á súa nai cando fregaba os pratos e entón ocorreuselle unha idea. Colleu
unha cadeira, púxoa xunto ao fregadeiro, colleu os xoguetes e…….. ¡ A lavalos !
Os xoguetes quedaron tan limpos, tan limpos que a nai graboulle un video limpando outros
xoguetes e tan simpático quedaba que a nai subiuno a internet e pagaronlle moito por el
porque o querían para un programa chamado “ OS VIDEOS CASEIROS MÁIS DIVERTIDOS DE
AMÉRICA” . Cando Xoán tivo uns aniños máis compráronlle un micrófono polo seu cumpleanos
para que fora un cantante moi bon, pero…. el en vez de ser cantante colleu o micrófono e dixo:
--Temos que axudar. Temos que ter a nosa vila algo máis limpa. Mirade como está!
Eles dixeron:
--¡Siiiiiii! ¡Tes razón! ¡Mirade que noxooo!
Todos se puxeron mans á obre e………………………………………. ¡A recoller!
Mentres recollían cantaban:
“Hoxe imos recoller
temos que reciclar
para o noso fermoso mundo mellorar”
Cando tiveron todo limpo e reciclado , tiñan un gordo problema non había todos os colectores
entón fixeron unha denuncia ante as autoridades municipais. No concello atenderon as súas
queixas e puxeron os colectores correspondentes. Cando os viron a cidade enteira deulles non
un aplauso miles deles moi grandes .
A partir daquela, empezaron a reciclar todos sen saber moi ben que fora aquilo que lles fixera
reaccionar, sería certo iso de “os pequenos xestos dan grandes resultados”. Convertíronse nun
modelo a seguir polos pobos dos arrededores e todo o mundo ía visitalo. Uns empezaron a
contarllo a outros e así toda a Terra quedou super limpa.